Carnota e Muros saíron á rúa en repulsa do Femininicidio da Barbanza
22 de marzo de 2024 (12:22 h.)
As mulleres da Asociación Sonlilá de Carnota saíron este xoves á Praza da Pedra para denunciar o asesinato machista acontecido a pasada semana en Ribeira. "Estamos fartas de tanta violencia" rezou o manifesto lembrando á asasinada Andrea.
”Repudiamos sen fisuras calquera forma de violencia machista e reiteramos o noso firme compromiso na loita contra esta lacra social", asegurou Maruxa Martínez Romaní, concelleira de Igualdade e Muller.
Pola súa parte, a alcaldesa de Muros, María Lago, incidiu na importancia de "non normalizar este grave problema, non podemos deixar que as mulleres se convertan en números, porque detras de cada unha delas hai vidas truncadas.