Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Carnota e Muros saíron á rúa en repulsa do Femininicidio da Barbanza

sonlila concentracion feminicidio ribeira
Mulleres de Sonlilá
Carnota e Muros saíron á rúa en repulsa do Femininicidio da Barbanza

As mulleres da Asociación Sonlilá de Carnota saíron este xoves á Praza da Pedra para denunciar o asesinato machista acontecido a pasada semana en Ribeira. "Estamos fartas de tanta violencia" rezou o manifesto lembrando á asasinada Andrea.

sonlila concentracion feminicidio ribeira
Concentración en Carnota
Tamén o Concello de Muros realizou unha concentración de hoxe ás portas do Concello de Muros, en repulsa do feminicidio en Ribeira.
”Repudiamos sen fisuras calquera forma de violencia machista e reiteramos o noso firme compromiso na loita contra esta lacra social", asegurou Maruxa Martínez Romaní, concelleira de Igualdade e Muller.

Pola súa parte, a alcaldesa de Muros, María Lago, incidiu na importancia de "non normalizar este grave problema, non podemos deixar que as mulleres se convertan en números, porque detras de cada unha delas hai vidas truncadas.

Muros concentracion feminicidio ribeira
Concentración en Muros

Comentarios