Cazando imaxes da nosa fauna
Aproveitamos estes días para coller o trípode e acompañar ao noso “cazador” preferido. Un deses cazadores de imaxes, que cambia escopeta por cámara, para disfrutar da natureza na súa máxima esencia. A través do Canle de Youtube “Signatus Films”, Francisco Santiago López segue a recoller as súas reportaxes sobre a fauna e a flora da Costa da Morte, de Galicia e dos lugares máis auténticos da península.
Recoñece pasar moito frío, pero non pode pasar sen escapar do seu Corcubión aos montes da contorna para cazar escenas auténticas do lobo, das aves, dos raposos, dos corzos… ou mesmo dos ososo.
O último que vén de subir Francisco é un fermoso vídeo sobre as Marismas de Carnota, onde a sombra do monte Pindo non impide a garzas, cormoráns e demais aves facer da zona un tesouro natural:
Outros vídeos
Nos últimos meses o amigo Paco tamén subiu algunhas outras xoias audiovisuais, como este completísimo monográfico do lobo ibérico, do que é gran fan, como o seu compañeiro de andainas Chisco Lem:
Aquí nos deixa cun variado de fauna ibérica:
E falando de marismas, Paco tamén fixo parada en Lires:
Novas relacionadas
Máis vídeos naturais
- Signatus Films caza o derradeiro lobo ibérico na Costa da Morte.
- Breve etoloxía do lobo ibérico por Francisco Santiago López na Costa da Morte.
- A ollada de Francisco Santiago López á fauna salvaxe da Costa da Morte: O xabarín.
- 15 Vídeos naturais de Francisco Santiago López.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).