Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A ollada de Francisco Santiago López á fauna salvaxe da Costa da Morte

A ollada de Francisco Santiago López á fauna salvaxe da Costa da Morte

Temos visto moitos vídeos naturais de Francisco Santiago López en QPC. Agora o noso Félix Rodríguez de la Fuente xa está en Facebook compartindo novos e impresionantes documentos sobre a fauna salvaxe da Costa da Morte.

Aló vai ca súa cámara ao lombo, agochándose nalgún matoxos no alto dunha colina, a esperar para “cazar” as súas presas. A súa arma ten longa mira, pero soe achegarse moito ao seu preferido, o lobo (que dá nome á súa marca audivisual Signatus Films), pero tamén caza gatos bravos, raposiños, coellos, aguas, cervos, cabalos salvaxes, mesmo osos…

Iremos repasando os últimos vídeos que está subindo á rede, e comezamos polo xabarín, o Porco Bravo, un dos máis míticos habitantes dos nosos montes. A vindeira semana completaremos un especial sobre o lobo ibérico.

Máis información

Fonte

Video de Signatus Films -Francisco Santiago Lopez-sobre o Xabarin

Comentarios