Celebrando o Día do Patrimonio Mundial no Castelo de San Xurxo

Imaxe do Castelo de San Xurxo no Monte Pindo-Foto-Manuel Gago

Boa ocasión para facer unha nova subida guiada ao Olimpo Celta. Este vindeiro sábado 18 de novembro, para conmemorar o Día Internacional do Patrimonio Mundial, efeméride promovida pola UNESCO, a Asociación Monte Pindo Parque Natural organiza un roteiro moi interesante.

Unha cita que partirá ás 10:00 horas desde a Igrexa do Pindo, e que incluirá unha visita guiada a un dos maiores tesouros arqueolóxicos do Monte Pindo: o Castelo medieval de San Xurxo. Será o historiador Carlos J. Galbán Malagón, experto nas fortificacións medievais galegas, o que nos achegue á historia destas ruínas.
A ruta seguirá ata coroar a Moa (horario de volta sobre as 18:00h) pero tamén poderase volver ao punto de partida (hora estimada de chegada ás 13:00h).

Novas relacionadas

Máis novas do Monte Pindo

Fonte