Celebrando o Día do Patrimonio Mundial no Castelo de San Xurxo

10:40 02/11/17

Boa ocasión para facer unha nova subida guiada ao Olimpo Celta. Este vindeiro sábado 18 de novembro, para conmemorar o Día Internacional do Patrimonio Mundial, efeméride promovida pola UNESCO, a Asociación Monte Pindo Parque Natural organiza un roteiro moi interesante.
Unha cita que partirá ás 10:00 horas desde a Igrexa do Pindo, e que incluirá unha visita guiada a un dos maiores tesouros arqueolóxicos do Monte Pindo: o Castelo medieval de San Xurxo. Será o historiador Carlos J. Galbán Malagón, experto nas fortificacións medievais galegas, o que nos achegue á historia destas ruínas.
A ruta seguirá ata coroar a Moa (horario de volta sobre as 18:00h) pero tamén poderase volver ao punto de partida (hora estimada de chegada ás 13:00h).
Novas relacionadas
- Un gran castelo chamado Monte Pindo.
- Descobren un terceiro castelo no Monte Pindo formando unha gran fortaleza amurallada.
Máis novas do Monte Pindo
- “Fixen unha ruta polo Monte Pindo, e xa quixen escribir a novela. Xa vía escapados por todas partes”.
- A raíña Lupa volve ao Monte Pindo.
- O Monte Pindo xa ten a súa vasilla campaniforme
- O Monte Pindo terá que esperar a despois das eleccións para que o declaren Parque Natural
- Novas hipóteses dan vida á Ermida do Monte Pindo.
- Reproducen unha vasilla de 7.000 anos atopada no Monte Pindo.
- O Simposium Monte Pindo analizou as novas oportunidades do futuro primeiro Parque Natural costeiro.
- Con Pepe do Fieiro redescubrindo os tesouros do Monte Pindo.
- Setembro 2013: Un incendio arrasa o Monte Pindo e obriga a desaloxar varias aldeas de Carnota
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com).
- Asociación Monte Pindo Parque Natural.