O Colectivo Carnota volve abrir esta ponte o seu Mercadillo “Regalamos Todo”

Xa sabedes que en QPC non somos moitos de BlackFridays. Somos máis de mercado, de feira, de mercadillo. Como o fantástico Mercadillo “Regalamos Todo” que artella o Colectivo Carnota cada certo tempo no pavillón de IES Lamas de Castelo.

Unha cita, para regalar, reciclar, trocar, conversar e facer comunidade, que volve esta ponte de 6 e 7 de decembro á vila carnota.

Os Sven, Alicia Vázquez e compañía invitan a traer as cousas que xa non uses pero que se poden reutilizar, e a levar cousas ás que ti mesmo lle poidas dar unha nova vida.

E aproveitan para lembrar que “o sector textil é un dos maiores causantes de contaminación química, producción de CO2, traballo precario, etc. do mundo. Cada peza de roupa nova que se produce contribúe a esta cadea problemática”.

Así é a súa filosofía: “Co mercadillo de regalar-intercambio e troco queremos unir costumes tradicionais (troco) coa concienciación sobre o aproveitamento de recursos valiosos (traballo, agua, enerxía, transporte, infraestructura, medio ambiente, etc. etc.) que contén cada peza e animar a reutilizar e aproveitar ó máximo estes valores xa existentes sen producir mais lixo/desfeitos evitando así a producción de bens novos que causa os problemas enriba indicados”.

Máis novas