venres. 30.05.2025
El tiempo

Unha nova edición do “Regalamos todo”, o centro comercial de consumo responsable de Carnota

Mercadillo regalamos todo de Carnota  2
Imaxes do último mercadillo realizado hai uns meses no pavillón carnotán
Unha nova edición do “Regalamos todo”, o centro comercial de consumo responsable de Carnota

Esta última fin de semana de maio o Pavillón de Carnota volverá converterse nun auténtico centro comercial. Pero un centro comercial de consumo responsable, que fomenta a unión entre a veciñanza, a familiaridade, a confianza, o troco, a confraternidade.

Este sábado 31 de maio e domingo 1 de xuño volve o Mercadillo Regalamos todo encher o pavillón IES Lamas de Castelo. As conversas mesturaranse cos trocos, cos regalos, nunha iniciativa que leva meses facéndose cada vez máis grande e xa atrae a centos de persoas que chegan xa de todas partes da provincia: Muxía, Fisterra, Cee, Muros, Coruña, Santiago…

Mercadillo regalamos todo de Carnota 4

”Son centenares de pezas as que entran e saen, partindo dun pabellon deportivo que abre pola mañá xa cheo de mesas cunha marea de cousas expostas”. Explica Alicia Vázquez (Alivava, unha das organizadoras xunto con Sven e o resto de compañía co comprometido Colectivo Carnota.

Todo movemento é de balde, polo que é imposible contabilizar o movemento que xa xera este movemento. “Está bonito, a verdade, o ambiente que se forma”, explica Alicia, orgullosa do afán de compartir, e non de gorronear, dos participantes.

Mercadillo regalamos todo de Carnota 3

Máis novas

Comentarios