Comida tradicional, humor e música galega: os tres elementos do Festórreo de Lira
Xa non queda nada para unha das festas máis singulares da comarca. A Asociacion cultural Canle de Lira vén de lanzar o cartel e o vídeo promocional do Festórreo 2025; que terá lugar este sábado 30 de agosto na eira do mítico hórreo de Lira.
O formato desta edición segue a ser o mesmo que o das edicións precedentes, sempre conservando a súa esencia: comida tradicional, humor e música galega.
O Festórreo comezará ás 20:30 coa degustacián das empanadas de millo e trigo feitas pola veciñanza de Lira, amenizada pola foliada a mans das Pandeireteiras da Solaina.
Ao caer a noite, arredor das 22:30 volverá o humor do teatro máis famoso da Costa, o Canle +, contando cos artistas apegados ao proxecto como Xaquín da Burrica, Miguel de Lira ou Federico Pérez; así como, artistas locais que colaboran ano tras ano.
Ao remate do Teatro, comezará nas actuacio ns musicais dos grupos galegos que amenizarán na noite: Alana, De Ninghures e Los Lunes al Sol.
Máis novas