domingo. 11.05.2025
El tiempo

Menudo Festórreo de Lira

Menudo Festórreo de Lira
Festorreo de Lira 2013

Ademais de na Axenda Costa da Morte traemos esta cita festexeira a QPC pois nos parece tremendamente orixinal: O I Festórreo de Lira.

Que é eso do festórreo? Aí están os bravos da AC Canle de Lira dándolle unha volta á romaría tradicional, con boa comida, humor e música, que viñan facendo de toda a vida (o ano pasado cumplían 20 anos), para darlle un toque máis aberto.

A cita será o vindeiro sábado 6 de xullo na Cabaseira, comezando ó remate da misa cunha degustación de empanada de millo amenizada polos Gaiteros da ANPA do colexio de Carnota e pola Liga Gaiteira Galega.

Chegará o humor co "CANLE NIUS", ca súa alineación titular: Belen da Cregha, Xaquín da Burrica e Miguel de Lira contando ademais con artistas convidados da talla de Federico Pérez, Tonhito de Poi e outras estrelas locais.

Ó rematar empezarán os concertos da man da Banda Crebinsky, Pablo Balseiro e A Banda de Poi. Dará o peche o Gran bruxo da Costa da Morte co conxuro da queimada.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios