A Confraría do Pindo implica á veciñanza

¡

Remataron as xornadas Mulleres do Mar da Confraría do Pindo. Unhas xornadas completísimas que poñen o mar, e ás nosas mulleres no punto de mira e que implicaron á cativada, ás persoas que forman o pósito pero tamén a outras xentes da vila.

Despois de varias citas coas crianzas (unha visita coas mariscadoras á Berberecheira; unha visita ao Cole ou unha especial sesión con Sonlilá), esta pasada semana pechábase o proxecto cunha charla final da man das profesionais da propia Confraría.

Patricia Costa Louro (administrativa da confraría), Mercedes Mayán (Secretaria da Confraría), e Fernando Siaba (patrón do pósito), fixeron unha reflexión final sobre o proxecto, con máxima satisfaccións das experiencias vividas para a xente de dentro e de fóra do pósito.

Volveu quedar refrendado o éxito de Contos do Mar, un proxecto que seguirá vivo polos tempos dos tempos.+

Máis novas