Deseña a camisola da Festa da Queimada

Curiosa a proposta dende a ACDR O Patín de Carnota. I é que tras un ano de existencia, veñen que sacar un curioso concurso: I Certame de deseño "Deséñanos a camisola". Un certame que pretende atopar un deseño para a Festa da Queimada de Carnota 2012.

Así, a entidade quere que sexades vós os que deseñades as camisolas a vender para a Festa, e de feito ten que levar esas palabras.

O premio, unha Tablet que se entregará o día da Festa da Queimada aló por setembro.

Hai de prazo ata o 15 de xuño para enviar os vosos deseños que xa podedes enviar a acdropatin@gmail.com.

Novas relacionadas

Fonte

  • O Patín.