Fermosas imaxes que deixa a Ruta Cabalar de Muros

Fermosa non, fermosísima a XIII Ruta Cabalar Comarca de Muros. Este domingo partían dende o Ancoradoiro unha manda de bestas ben adestradas para percorrer os montes de Louro, Muros, Serres, Lira, Carnota e Lariño.

Unha agradable viaxe, interactuando coa veciñanza, que rematou en xantar de confraternidade, como non podía ser doutro xeito. Pero antes da churrascada no mesmo Ancoradoiro, tocou baño, que sempre presta.

José Sendón nos manda estas fantásticas imaxes:

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal)