Mércores. 03.06.2020
El tiempo

Fotodenuncia: Cabalos con cepo

Fotodenuncia: Cabalos con cepo

Seguen vivas estas terribles prácticas cos cabalos en semi liberdade. Esta pasada fin de semana, chegounos unha foto da man de Quim Muros Negreira. Unha foto desagradable, que dá conta que as malas prácticas nos montes da bisbarra aínda se dan continuamente.

Quin cruzouse con esta manda cabalos mostrencos na rotonda de Serres (Muros) que vai para o cemiterio. "Un deles levaba un calza na pata esquerda. Non sei que fai o Seprona permitindo que os animales sigan tratados como fai douscentos anos", reflexiona o propio Quin.

Atopamos pola rede a rede de denucia "Cabalos con cepo" que está a artellar a entidade ecoloxista Libera, onde podedes enviar as vosas denuncias se ollades situacións coma esta a [email protected]

De feito, xa os cazaron por Muros hai un tempo:

E en falando de cabalos, e pensando no ben que poderían estar, deixámosvos cun dos vídeos de Francisco Santiago López sobre o Garañón, o xefe da manda dos montes da bisbarra:

Máis información

Novas relacionadas

Máis Fotodenuncias

Podes enviarnos a túa fotodenuncia a [email protected] ou a través do noso Facebook.

Fonte

comentarios