As historias salgadas, a alma do mar do Pindo

Historias salgadas nas Xornadas de Pesca do Pindo

As XIV Xornadas de Pesca “O Pindo é mar” volveron ser un rotundo éxito. Unhas xornadas alonxadas dos grandes dispendios en parafernalia, que basean o seu triunfo na xente e nas súas historias. Así o demostraron, despois da inauguración da man do Presidente da Federación Galega de Confrarías, José Antonio Pérez Sieira, e da Secretaria da Confraría do Pindo, e armadanzas das Xornadas, Merche Díaz Mayán, os vellos lobos de mar durante a primeira das charlas.

Foi precisamente a mesa redonda entre Xilberto Caamaño, Marina de Lamela, Pepe de Tinto, Maño e Antonio Castro, a que máis interese xerou. O “non sei que vou falar” dos días previos tórnase nun empezar a falar e xa non hai quen pare a estas auténticas enciclopedias mariñeiras. De feito, a mesa alongouse e tardaron en parar as historias en primeira persoa, que mesmo lle serven ao pósito para ir complentando o proxecto de turismo mariñeiro “Contos de Mar” no que xa están traballando a partir de hoxe.

As charlas técnicas tamén foron moi interesantes, así como o recital poético. Non faltaron xa habituais como Xaime Trillo, Chisco Fdez. Naval, Xosé Iglesias ou Marta Dacosta, e foi o mazaricán Ismael Ramos o que se estreaba nestas xornadas. Ao remante, fermoso foi a fusión entre rapazada e os propios poetas deixando patente que escribir pode escribir todo o mundo.

As actividades infantís desenvoltas ao longo da semana volveron ser un éxito, con mareas de nenos apuntados disfrutando de obradoiros de cestería, de pintura e artesanía con refugallos coas artesás locaos Remedios Beiro (Remecreando) e Alicia Vázquez Vázquez (ALIVAVA), cociña… ademais de actividades de mergullo, body… O cumio foi o Concurso literario, cunha implicación absoluta por parte de pais e nais para contar e vivir a tradición do mar en familia. Unha tarde de cheo absoluto a confraría.

Houbo novidades nas actuacións, pois os Pentalfa (parte da formación de Luar na Lubre, que tiñan concerto en Narón) non puideron estar e deixaron o seu posto aos Fundadores, que se involucraron a tope na vila. E que dicir das Xaviñanas, puro e duro arte, que levan o folclore galego nas veas.

Ao remate da xornada sabatina non sobrou nada da degustación con produtos do mar, todo cociñado polas bravas mulleres do Pindo. Ata o postre era mariñeiro.

O domingo pechou un completo programa, co tempo perfecto, aguantando para disfrutar dun completo roteiro que mesturou a parte turística, coa histórica, coñecendo as andainas dos fuxidos, do As…


Roteiro con Xilberto Caamaño polo Pindo

Xornadas anteriores