Luns. 16.09.2019
El tiempo

As Xornadas de Pesca do Pindo, todo un "feito de mar"

As Xornadas de Pesca do Pindo, todo un "feito de mar"
Xornadas cos poetas no PindoA poesía non faltou nas Xornadas de Pesca do Pindo

Boa acollida tiveron as XIII Xornadas de Pesca do Pindo, que este ano tiveron como lema "Feitos de mar". Se cadra, algo menor do valor cultural e patrimonial e do alto nivel que aportan á Costa da Morte. Unhas xornadsa chegas de contido salgado, diverso e interesante, gracias as uns poñentes de luxo, escollidos con mimo polos organizadores da Confraría.

Impresionante a lista de escritores que pasaron polo pósito. Dende Miro Villar coa súa ollada a Antón Zapata, pasando polos naufraxios de Rafael Lema, a narrativa de Francisco Fernández Naval, as historias salgadas de Juan Patín “O Pecas”, ou a experiencia de Andrés Santiago. Precisamente, a mesa moderada por Lino Lema co Pecas, Andrés e Alicia Carrillo, de Buceo Finisterre, foi unha das máis interesantes.

Mesa de Lobos de mar no Pindo Mesa de Lobos de mar no Pindo

Non faltou a música e unha das actuacións máis simbólicas foi a de Tino Baz, descoñecido para moitos, que deixou un gran sabor de boca.

Como o que deixaron o domingo as actividades gastronómicas, todo un éxito, como as charlas nese eido o domingo moi ben acollidas dando a coñecer e probar uns produtos e unha cociña diferente.

Dende a confraría, se ben botaron de menos máis xente do lugas nas charlas, fan unha valoración moi positiva das Xornadas. Destacan, iso si, a cantidade de nenos que participaron nas actividades semanais e o ben que o pasaron.

Chisco Fdez Naval e Miro Villar nas Xornadas de Pesca do Pindo Chisco Fdez Naval e Miro Villar nas Xornadas de Pesca do Pindo Xornadas de pesca do Pindo

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios