Un home ten que ser excarcerado tras un accidente na estrada AC550 en Carnota

Bombeiros de Cee e GES de Muros excarcerando un home tras un accidente en Carnota

Un vehículo incorporábase na recta xusto de Pedrafigueira, en Freán (Carnota), á AC-552, cando outro vehículo o investía polo lateral, provocando un aparatoso accidente. Os dous vehículos acababan nas cunetas, e o condutor do coche embestido tivo que ser agardar, atrapado, a que chegasen os Bombeiros de Cee, os membros do GES de Muros e a Policía Local de Carnota, a primeira en chegar.

Conseguiron excarcelalo, e foi trasladado nunha ambulancia do 061 ao Hospital de Cee con lesións importantes nunha das pernas.