A infancia toma o Concello de Carnota

Carnota comeza coas actividades infantís, unha vez que UNICEF ten abreditado o seu proxecto como “Concello Amigo da Infancia”. Así a Concellaría de Igualdade e Diversidade do Concello de Carnota prepara para este martes 30 de abril o I Foro de debate infantil e adolescente de Carnota.

Nesta actividade as persoas representantes das listas electorais das eleccións municipais poderán escoitar á rapazada. Deste xeito, as nenas, nenos e adolescentes alzarán a súa voz e presentarán propostas e ideas para que os partidos políticos as teñan en conta nos seus programas electorais. Igualmente, os candidatos á alcaldía poderán dar explicacións e expor as súas propostas para a lexislatura que entra.

A xornada dividirase en tres momentos: o 18:00 h: Obradoiro de participación con representantes do Consello Municipal de Participación de Carnota. Lugar: Salón de actos do Concello. o 18:30h: Espazo de intercambio entre candidatos á alcaldía e rapazada. o 19:00h: Acto de inauguración da placa de recoñecemento de UNICEF de Carnota como Cidade Amiga da Infancia. A partir de agora, a praza de Carnota e O Pindo lucirá unha placa que visibiliza que Carnota é un Concello Amigo da Infancia e da Adolescencia.

Máis info: https://carnotaamigadainfancia.blogspot.com.

 

Novas relacionadas