Xoves. 25.04.2024
El tiempo

UNICEF acredita o proxecto de Carnota como Concello Amigo da Infancia

UNICEF acredita o proxecto de Carnota como Concello Amigo da Infancia

Que unha entidade como UNICEF avale un dos teus proxectos é toda unha gran nova. A multinacional da axuda humanitaria vén de condecer o selo acreditativo a Carnota como un Concello Amigo da Infancia, facendo valer o traballo que leva facendo a Concellaría de Igualdade e Diversidade do Concello de Carnota dende finais de 2017. Un proxecto que trata de levar a rapazada a participar na vida municipal.

O recoñecemento posiciona a Carnota como Concello que ten en conta os dereitos, intereses, necesidades e opinións das rapazas e dos rapaces como unha peza fundamental. Ademias, este selo abre un abano de oportunidades para traballar en rede con outros concellos galegos e do estado. Neste senso as rapazas e os rapaces de Carnota poderán participar en numerosos espazos de intercambio de aprendizaxes e experiencias a nivel galego e español.

Un longo traballo

A Concellería expón as novidades do proxecto no blogue: carnotaamigadainfancia.blogspot.com, así como neste vídeo xa realizado o pasado mes de maio.

Pero é que mestes últimos meses o equipo técnico da Concellaría estivo a traballar en diferentes espazos. Elaboráronse diferentes obradoiros con rapazas e rapaces arredor do tema da participación e da análise do territorio. Por outra banda, coordinouse a Escola de Cinema de Mar de Lira no marco da I Mostra de Cinema de Mares do Fin do Mundo, o obxectivo foi que as rapazas e os rapaces elaborasen o seus propios videos para mostrar á veciñanza as súas opinións.

Un pleno cheo de nenos

Ademais, o 20 de novembro o Concello de Carnota convocará un Pleno Municipal co gallo do Día Internacional dos Dereitos da Nena e do Neno. Neste espazo están convidado o alumnado dos tres centros educativos. Semanas antes o equipo técnico da Concellaría traballará coa rapazada cuestións relacionadas cos espazos de xogo e dos dereitos da infancia, o obxectivo é que as rapazas e os rapaces teñan voz no pleno e trasladen as súas opinións á corporación municipal.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/carnota-crea-o-consello-de-infancia-e-adolescencia/

Fonte

Comentarios