Iván Franco, novo responsable local do BNG de Carnota
O BNG de Carnota vén de celebar unha asemblea para renovar o seu Consello Local. Deste xeito, o actual 1º tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Patrimonio, Medio Ambiente, Deportes e Comunicación e Novas Tecnologías, Iván Franco Caamaño, é o novo responsable do BNG carnotán.
Este veciño de Carnota de 38 anos, substitúe na máxima responsabilidade despois de sete anos a Belén Campos, quen continuará nun Consello Local do que tamén formarán parte Mario Maceiras (organización), Pilar Tubío (actas) e Jorge Fiuza (finanzas).
Un BNG que se amosa satisfeito polo traballo realizado nos últimos anos a pesar da crise interna que está vicindo o nacionalismo. A realidade é que en Carnota o BNG tiña cando Belén Campos asumiu a responsabilidade, 3 edís e menos de 900 votos (coo PP no goberno), e hoxe o BNG goberna Carnota en maioría absoluta, con 6 edís e case 1.300 votos.
Fonte
- BNG de Carnota.