xoves. 01.05.2025
El tiempo

Iván Franco, novo responsable local do BNG de Carnota

Iván Franco, novo responsable local do BNG de Carnota
Ivan Franco entregando un dos premios da Carreira Viquinga do Vindemo Ver Iván Franco entregando un dos premios da Carreira Viquinga nesta Semana Santa

O BNG de Carnota vén de celebar unha asemblea para renovar o seu Consello Local. Deste xeito, o actual 1º tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Patrimonio, Medio Ambiente, Deportes e Comunicación e Novas Tecnologías, Iván Franco Caamaño, é o novo responsable do BNG carnotán.

Este veciño de Carnota de 38 anos, substitúe na máxima responsabilidade despois de sete anos a Belén Campos, quen continuará nun Consello Local do que tamén formarán parte Mario Maceiras (organización), Pilar Tubío (actas) e Jorge Fiuza (finanzas).

Un BNG que se amosa satisfeito polo traballo realizado nos últimos anos a pesar da crise interna que está vicindo o nacionalismo. A realidade é que en Carnota o BNG tiña cando Belén Campos asumiu a responsabilidade, 3 edís e menos de 900 votos (coo PP no goberno), e hoxe o BNG goberna Carnota en maioría absoluta, con 6 edís e case 1.300 votos.

Fonte

  • BNG de Carnota.

Comentarios