Lariño, a Australia española da marca de moda Altonadock

Altonadock grabando a nova colección en Lariño

Segue a Costa da Morte servindo de paisaxe perfecto para a publicidade. Neste caso foi a liña de moda Altonadock a que trasladou o seu estudio dende Madrid ata Lariño, para sacar a súa colección primavera-verán 2023.

A elección do destino veu acompañada da experiencia de Ángel Ortega, fundador da marca, despois de apreciar as semellanzas entre a zona de Costa dáa Morte e o seu pasado en Australia: “Costa da Morte ofrécenos pobos mariñeiros, praias desérticas, historias, mitos e lendas sobre barcos afundidos, todo isto e a forza da súa océano trasládanos á nosa orixe no continente australiano”. “Galicia, e neste caso Costa da Morte, sempre nos trataron con moito cariño”, engade.

O Hotel Faro Lariño, as dunas do areal, os solpores… serán tan protagonistas como a propia roupa na vindeira temporada.

Shooting en Lariño