Máis de 80 persoas participan na búsqueda do septuaxenario desparecido en Carnota

Ademais dos medios humáns, na búsqueda empréganse drons e unha unidade de cans de rescate Un amplo dispositivo formado por máis de 80 voluntarios e voluntarias da Carnota e alredores, unha boa parte dos equipos de Protección Civil da Costa da Morte e axentes da Garda Civil e da Policía Local participan na búsqueda de Paulino Fiuza - máis coñecido como Lino do Corbeiro - desaparecido o pasado venres. "Hoxe non tivemos ningunha nova e precisamente estamos coordinando os equipos e as rutas para reanudar a búsqueda mañá en canto amaneza" informa Ramón Noceda, alcalde de Carnota. Por primeira vez nestes casos, a Axencia Galega de Emerxencias participa na búsqueda do veciño de Carnota de 75 anos con drons. Estes robots chegan ata zonas inaccesibles e levan incorporada unha cámara e un detector de calor. Ademais, unha unidade de cans de rescate participan no operativo.
Buscando con drones en Carnota-Foto-AXEGA   Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Axega