Martes. 05.11.2024
El tiempo

Máis de 80 persoas participan na búsqueda do septuaxenario desparecido en Carnota

Máis de 80 persoas participan na búsqueda do septuaxenario desparecido en Carnota
Ademais dos medios humáns, na búsqueda empréganse drons e unha unidade de cans de rescate. Imaxe: Axega Ademais dos medios humáns, na búsqueda empréganse drons e unha unidade de cans de rescate Un amplo dispositivo formado por máis de 80 voluntarios e voluntarias da Carnota e alredores, unha boa parte dos equipos de Protección Civil da Costa da Morte e axentes da Garda Civil e da Policía Local participan na búsqueda de Paulino Fiuza - máis coñecido como Lino do Corbeiro - desaparecido o pasado venres. "Hoxe non tivemos ningunha nova e precisamente estamos coordinando os equipos e as rutas para reanudar a búsqueda mañá en canto amaneza" informa Ramón Noceda, alcalde de Carnota. Por primeira vez nestes casos, a Axencia Galega de Emerxencias participa na búsqueda do veciño de Carnota de 75 anos con drons. Estes robots chegan ata zonas inaccesibles e levan incorporada unha cámara e un detector de calor. Ademais, unha unidade de cans de rescate participan no operativo. Busca con drones en Carnota Buscando con drones en Carnota-Foto-AXEGA   Novas relacionadas Fonte  

Comentarios