Monte Pindo e Monte Alto celebran un aniversario unidos pola terra
Este sábado, arredor das 11:30h, o Campo de Marte da Coruña acollerá unhas actividades co gallo do irmandamento entre o Monte Pindo e o barrio de Monte Alto. Unha cita que serve tamén parar unirse na loita pola defensa da Biblioteca Veciñal do Campo de Marte, ameazada de peche por unha controvertida decisión do goberno local.
Os veciños plantarán un carballo no campo, terá lugar a presentación da Anotloxía poética sobre o Olimpo celta, de xeito que os que reservastes o libro"Versos no Olimpo" mediante a subscrición popular, tamén poderás ir recollelo aquí.
A cita estará amenizada polos acordeóns nada menos que dos Tres Trebóns e a Moncho do Orzán!
O acto está organizado por Monte Pindo Parque Natural e a Asociación Veciñal Atochas - Monte Alto - Torre de Hércules. Colabora Palavea Bravú."
Novas relacionadas
- 04-10-11: Monte Alto conquista o Monte Pindo.
- A antoloxía poética do Monte Pindo trae xa os seus versos do Olimpo.