Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Monte Alto conquista o Monte Pindo

Monte Alto conquista o Monte Pindo
Segue o Monte Pindo convertíndose nunha referencia patrimonial en todo o país. Esta fin de semana, foron un par de asociacións da Coruña, concretamente do mítico barrio de Monte Alto, quen se achegaron ao Olimpo Celta para reivindicar a súa conservación e catalogación como parque Natural. Para elo, dende o barrio coruñés, os colectivos Palavea Bravú e AAVV Montealto contactaron precisamente cos membros da Asociación Monte Pindo Parque Natural para entre todos desenvolver un fermoso e combativo roteiro. Medio centenar de persoas, dende os 15 aos 78 anos, rubiron monte arriba ata o cumio da Moa para sacarse esta representativa fotografía. Un dos protagonistas da sesión foi Pepe do Fieiro, que aos seus 78 anos fixo de guía "saltando entre as rochas como unha cabra do lugar". Pepe guiou o grupo pola subida dende O Fieiro ata a laxa da Moa, facendo parada na mística Cova da Xoana. A cita mantivo unha parada para disfrutar do antes marabilloso, e agora práctico, piñeiral de embaixo da Moa. E que mellor peche de roteiro que unha máxica gaita soando no cumio. "Parecía estar no tempo dos celtas, nun entorno que non mudou nada ao pasar do tempo. Incontaminado... se non fora por algunhas pintadas nas rocas..." reflexiona unha galitaliana afincada na nosa terra.

A sesión tivo o seu momento emotivo, xa que serviu ademais para homenaxear ao blogueiro coruñés Iván Rocha (aireandome.com) falecido recentemente por unha longa enfermidade que quería facer este último roteiro ata o cumio da Moa cos seus amigos.

Máis información

Novas relacionadas

Outras novas de interese

Máis novas

Fonte

Comentarios