Novo rescate no Monte Pindo

Estabtarde de luns, coa polémica sobre o eatado dos roteiros do Olimpo Celta moi presente, os efectivos da Policía Local de Carnora, os Bombeiros de Cee e os servizos sanitarios tiveron que realizar un novo rescate.

Desta volta foi un mozo que sufriu un "golpe de calor" e ficou deshidratado, polo que os axentes tiveron que subir a levarlle bebidas enerxéticas e xeles e axudar a baixalo ata O Pindo, para posteriormente trasladado ao Hospital de Cee.