Piden limpar urxentemente os camiños do Monte Pindo

Imaxe dun complicado rescate en 2017

As dúbidas arredor da responsabilidade provocan que algúns camiños do Monte Pindo estean impracticables. E as consecuencias poden ser gravísimas. Esta semana as forzas de seguridade tiveron que realizar 2 rescates en menos de 48 horas.

Se ben a subida dende O Pindo á Moa e o camiño dende o Fieiro á Moa están limpos e ben sinalizados polo Concello de Carnota, o perigo xorde por unha zona no marco do Roteiro Circular que parte e remata no Fieiro, ten unha parte do camiño, entre a Cova da Xoana e o Castelo de Peñafiel, absolutamente impracticable. Os toxos e as silvas tomaron o sendeiro polo perderse é case inevitable se non se coñece o macizo celta palmo a palmo.

Así o explicaba o Policía Local de Carnota, Suso López, que leva colaborado en máis de 70 rescates ao longo dos seus 31 anos de servizo.

Dende a Asociación Monte Pindo Parque Natural piden tanto ao “goberno de Carnota como á Xunta que se deixen de apelar ao «heroísmo» e que se poñan a limpar urxentemente os camiños do Monte Pindo”. A entidade lembra que “a Xunta as nosas accións de limpeza e voluntariado no espazo en 2013, polo que nin fan nin deixan facer”.

Rescates no Pindo