O BNG de Carnota presentouse para "transformar o concello desde a sociedade e para a sociedade"
Este pasado venres máis dun cento de veciños arrouparon en Caldebarcos a cea-presentación do equipo do BNG de Carnota para as vindeiras eleccións de maio. Equipo comandado por Moncho Noceda, nun acto que culminou en festa rachada e que foi presentado pola responsábel local, Belén Campos, no que tamén estiveron acompañados polo deputado Bieito Lobeira.
A idea do grupo é clara: "transformar Carnota desde a sociedade e para a sociedade". Con todo Ramón Noceda "é consciente da absoluta ruina económica e social do executivo municipal en mans do PP".
Menos control político
Para iso, "o BNG traballará para deixar atrás o férreo control político vixente en temas como contratación, proxectos, investimentos e, sobre todo, que normalicen a vida política municipal". En definitiva, "o BNG devolverá aos veciños o control sobre os seus recursos, democratizará a vida municipal e racionalizará o gasto público".
Unha dedicación exclusiva
Neste sentido, anunciou que "o BNG apoiará unha soa dedicación no goberno municipal, a do alcalde, goberne quen goberne, e esta non excederá en ningún caso os 2.000 euros".
Propostas de e para a sociedade
Noceda asegurou que vai "apoiar a creación do Consello Local de Pesca para apoiar os proxectos Mar de Lira (ameazado agora pola desidia da Xunta e do alcalde de Carnota), e Pindo Mariño; intentará a posta en valor do monte e do agro, recursos hoxe abandonados pero fundamentais para o desenvolvemento de Carnota; revitalización do tecido empresarial, dotando de solo empresarial o municipio; saneamento financieiro, acabando co saqueo sistemático de recursos municipais para políticos e acólitos; restitución de todos os servizos sociais suprimidos ou reducidos nesta lexislatura (axenda cultural, asistencia a domicilio, residencia de maiores, centro de día, gardería infantil); e, por suposto, declaración de Parque Natural no Monte Pindo".
Lista
- 1. RAMÓN NOCEDA CAAMAÑO.
- 2. MERCEDES DÍAZ MAYÁN.
- 3. IVÁN FRANCO CAAMAÑO.
- 4. ANTÓN FEDERICO BEIRO OREIRO.
- 5. BELÉN CAMPOS DÍAZ.
- 6. CARMEN SIABA DOSIL.
- 7. RAFAEL SESTAYO LOURO.
- 8. JOSÉ ANTONIO DOMÍNGUEZ CAAMAÑO.
- 9. JOSÉ MANUEL TRILLO SABORIDO.
- 10. BETTY RIVEIRO COSTA.
- 11. ENCARNA BEIRO GONZÁLEZ.
- 12. PEDRO BALAYO CAAMAÑO.
- 13. CESAR CAMBEIRO QUINTELA.
- 14. JOSÉ MARÍA RIVEIRO SIABA.
- 15. FATIMA DOSIL CAAMAÑO.
- 16. MARÍA LUISA AGULLEIRO MALVÁREZ.
- 17. MARCELINO SABORIDO LAGO.
- 18. CONSUELO LAMELA PIÑEIRO.
- 19. JOSÉ MARÍA SILVA MARTÍNEZ.
Novas relacionadas
- O PSOE Carnota prantexa a redución de soldos políticos como bandeira da campaña.
- O BNG de Carnota estrea novo local.
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Carnota.