Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O PSOE Carnota prantexa a redución de soldos políticos como bandeira da campaña

O PSOE Carnota prantexa a redución de soldos políticos como bandeira da campaña

Ata o ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, comprometeuse a prestar todo o seu apoio a Suso Campos como novo candidato a alcaldía de Carnota polo PSOE. Unha presentación que tivo lugar en Lira o pasado sábado 13 de marzo de 2011 e que contou coa presenza, ademais do ministro, de moitos compañeiros do partido.

Campos adiantou algúns dos que serán os eixos do seu programa electoral, cos que pretende cambiar o Goberno local de Carnota. Unha das propostas é a de reducir ao mínimo os gastos políticos do Concello, que os socialistas consideran “excesivos”. Este compromiso súmase ao de centralizar os servizos públicos sen que se perda a súa eficacia nin a identidade das parroquias.

A creación dunha área de servizos turísticos no centro da vila é unha das grandes propostas do seu programa. Nela traballarían "os veciños do municipio, e non como se veu facendo ata o de agora co goberno do Partido Popular”.

A continuación do paseo marítimo entre O Pindo e Ézaro, a senda entre Lira e Carnota e a mellora do obradoiro de emprego municipal ou un Proxecto medioambiental de recuperación do faro de Lariño son outras das actuacións que Campos e o seu equipo pensan levar a cabo en canto se produza o cambio político no Concello.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios