O BNG preséntase en Carnota e Mazaricos
16 de marzo de 2011 (09:16 h.)
Doble sesión de presentación dos candidatos do BNG en Carnota e Mazaricos.
Cea presentación en Carnota
O BNG de Carnota realizará Cea-presentación da súa candidatura, que terá lugar o sábado 19 de marzo en Caldebarcos, concretamente a partir das 20:00h no Restaurante O Feitizo. Ramón Noceda será presentado, e estará acompañado polo deputado Bieito Lobeira.
BNG de Mazaricos
Xa vimos a alternativa nacente en Mazaricos, o PIMAZ. Este venres 18, ás 21:30h na Casa da Cultura da Picota poderemos coñecer a Xosé Xoan Blanco, que xa leva varios anos ao fronte do BNG mazaricán. O coñecido empresario de Naturmaz intentará mellorar os datos do 2007, nos que conseguiu ser a segunda forza política no concello.
Novas relacionadas
- Novas alternativas políticas en Dumbría e Mazaricos.
- O PSOE Carnota prantexa a redución de soldos políticos como bandeira da campaña.
- Os novos candidatos de BNG de Muros e Carnota preséntanse en sociedade.
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Carnota.