domingo. 29.06.2025
El tiempo

O BNG preséntase en Carnota e Mazaricos

O BNG preséntase en Carnota e Mazaricos

Doble sesión de presentación dos candidatos do BNG en Carnota e Mazaricos.

Cea presentación en Carnota

O BNG de Carnota realizará Cea-presentación da súa candidatura, que terá lugar o sábado 19 de marzo en Caldebarcos, concretamente a partir das 20:00h no Restaurante O Feitizo. Ramón Noceda será presentado, e estará acompañado polo deputado Bieito Lobeira.

BNG de Mazaricos

Xa vimos a alternativa nacente en Mazaricos, o PIMAZ. Este venres 18, ás 21:30h na Casa da Cultura da Picota poderemos coñecer a Xosé Xoan Blanco, que xa leva varios anos ao fronte do BNG mazaricán. O coñecido empresario de Naturmaz intentará mellorar os datos do 2007, nos que conseguiu ser a segunda forza política no concello.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Carnota.

Comentarios