O Pindo forma mariñeiros e 2 permex máis para Corme e Laxe
Poucas veces nos atopamos con estes cursos e a verdade é que parece estrano. Seica a profesión de mariñeiro case se fai dende a familia, disque se nace con ela, ou un crece subido a un barco. Os tempos cambian, e esa profesión que nas últimas décadas foi vista como unha perigosa saída profesional, que facía que as novas xeracións non tivesen o mar tan preto, parece que coa crise está volvendo a ser necesaria.
Así, a Confraría de Pescadores de O Pindo informa de que vai impartir os seguintes cursos:
- MARIÑEIRO PESCADOR.
- FORMACIÓN BÁSICA.
- OPERADOR RESTRINXIDO GMDSS.
As datas dos cursos aínda están por determinar.
Os interesados poden pedir máis información na confraría, no correo electrónico confraria@wanadoo.es ou no teléfono 981764815.
2 permex en Corme e Laxe
A Consellería do Medio Rural e do Mar convoca permisos de explotación para 2 embarcacións con 2 mergulladores con habilitación cada unha destinados á extracción de solénidos –navalla e longueirón- nas Confrarías de Pescadores de Corme e Laxe. O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles dende mañá, tras a publicación desta convocatoria no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial e na páxina web da ConselleríaNovos Permex
Ademais, a Confraría anuncia apertura do prazo, ata o 22 de abril, para a presentación de solicitudes para ter acceso ao permiso de explotación para percebe a pé no pósito carnotán.
Hai 2 prazas para cubrir e hai que ser maior de 18 anos e ter o certificado de percebeiro.
Novas relacionadas
- Limpando praias e conciencias.
- O sector pesqueiro da Costa da Morte apoia aos mariñeiros do Cerco.
- ASOAR denuncia a dramática situación da pesca artesanal e o marisqueo e esixe medidas compensatorias.
- Os temporais deixan unhas perdas do 50% nos mariñeiros da Costa da Morte.
- A crise afecta cada día máis á precaria situación da pesca artesanal.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).