Domingo. 19.05.2024
El tiempo

ASOAR denuncia a dramática situación da pesca artesanal e o marisqueo e esixe medidas compensatorias

ASOAR denuncia a dramática situación da pesca artesanal e o marisqueo e esixe medidas compensatorias
Un barco de pesca artesanal de Corcubión

O sector pesqueiro artesanal e marisqueiro de Galicia, a través de ASOAR-ARMEGA, quere “transmitir a seria e dramática situación que está a sufrir despois dos continuos temporais destes últimos dous meses. Basta con poñer unha ollada a páxina de pesca de Galicia e equiparar os datos no mesmo período de tempo en anos anteriores e comprobar que os ingresos reducíronse en algúns casos ata nun 50%”, como xa contamos

”De todos é coñecido a intensidade e continuidade dos últimos temporáis que azoutaron Galicia, e que ademais de causar grandes desperfectos, ven a acabar de afogar a xa lastrada situación dos sectores das artes menores e o marisqueo. As perdas económicas son cuantiosas e os estragos que os temporais deixaron nas praias e no mar vai facer imposible que a situación se estabilice de inmediato, nalgúns casos tardará en recuperarse meses. A todo esto hai que sumar os cuantiosos desperfectos que os armadores sufriron en embarcacións, aparellos e mesmo nas propias casetas onde gardaban os útiles de pesca”, explican.

”O goberno vén de anunciar medidas para paliar os danos dos temporáis, en gran medida para reparar danos en infraestructuras públicas como paseos marítimos, accesos a praias, ou reposición de area, así como unha moratoria de un ano para as empresas no caso do pago da seguridade social, e que consideramos necesarios pero insuficientes, e que estas axudas se esquecen da parte máis endeble deste escalafón, e quizáis a máis afectada: os mariñeiros e mariscadores/as”, explican.
”Non podemos esquecernos que todos eles están a sufrir apuros económicos e que en moitas familias a situación é crítica, polo que desde aquí un chamamento para compensar esta situación en forma de compensacións económicas por paralización de actividade en consecuencias extraordinarias, que ven se podería ter realizado a través das chamadas axudas de mínimis e que se teñen utilizado noutras ocasións para compensar pérdidas ou falta de ingresos derivadas de situación especiais, poñemos como exemplo a subida do gasóleo no 2008”.

Así, as peticións do sector son claras: “Desde aquí as nosas peticións van dirixidas especialmente a que se tomen medidas para incentivar e potenciar estes sectores profundizando en diferentes accións, que dende sempre vimos solicitando e que, agora máis que nunca, consideramos indispensables:

O Marisqueo

”As cuantiosas choivas acabaron estragando moitos bancos marisqueiros e que será necesario acondicionar e volver sementar para que acaden productividade, e entendemos que esto ha de ser primordial, pero tamén consideramos que son necesarias accións de rexeneración de zonas que se encontran afectadas pola contaminación, e que están afectando gravemente e dende fai anos as actividades pesqueiras e marisqueiras, e que co paso do tempo, e sen que se poña freno a toda a contaminación que sufren as rías, a situación dos recursos pesqueiros-marisqueros é cada vez máis preocupante. De pouco vale sementar se non rexeneramos antes as zonas. Desgraciadamente son moitas as zonas en Galicia, denominadas C ou B, que poderían mellorar a súa situación se se acondicionasen e se rexenerasen, incrementando así o número de bancos marisqueos e as posibilidades de producción, o que se vería reflexado de forma xeralizada no aumento de mariscadores, incrementando, por tanto, a posibilidade de xeración de emprego, que este sector posúe e que se ven minorando nos últimos anos como consecuencia da perda de zonas produtivas”.

Flota artesanal

”Primeiramente deberíase atender as consecuencias directas destes temporais, como ben dixemos a través de axudas directas a armadores e tripulantes. Pero tamén se han de atender a outras necesidades que serían de gran axuda para alcanzar melloras no sector, e que servirían para mellorar tamén a situación dos recursos pesqueiros, esto pasaría por incentivar o sector a través de paradas biolóxicas remuneradas que invitasen ao sector artesanal a parar durante un tempo para que a situación dos diferentes recursos se restablecesen, evidentemente ter que acatar unha veda nestes momentos, por outra parte tan necesaria para os recursos pesqueiros, acabaría acentuando aínda máis a situación actual, por elo nos parece necesario que se recurra as paradas biolóxicas”.

Piden tamén unha revisión de taxas e impostos que afectan a flota artesanal, e que vemos como cada día se incrementan sen consecuencias positivas para esta flota.

”Queremos instar a Administración Autonómica a que siga adiante coa implantación de surtidores de gasolina en todos os portos, pois a colocación destes surtidores que abarata considerablemente os gastos das pequenas embarcacións”.

Fundamental sería que as administracións fixeran un esforzo por incrementar as cotas que lle corresponden a este sector para evitar que estas se esgoten e se pechen pesquerías como a xarda, o xurelo ou a pescada, tan importantes para o desenrolo normal da actividade pesqueira desta flota. Necesitamos que se garantice o sostenemento do stock de especies suxeitas a TAC e que afectan á flota de artes menores, tal como se fixo con outras flotas; temos que remontarnos a situación que atravesaba o arrastre coa bacaladilla e de como se xestionou o incremento do TAC no Parlamento Eropeo, ou a situación que atravesaban os barcos do Gran Sol por mor da reducción da cota da merluza e de como, en pouco tempo, a situación dou un xiro radical, de tal forma que ata se incrementou un 30%, mentres que diminuía a cota de xurelo no Cantábrico Noroeste, do que descoñecemos se existe vinculación entre ambas situacións, e aproveitamos tamén para solicitar que se aclare”.

Por último piden “un control nas vendas de produtos foráneos e a potenciación de produtos procedentes do marisqueo e da pesca artesanal galegos”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da ASOAR.

Comentarios