luns. 05.05.2025
El tiempo

Os temporais deixan unhas perdas do 50% nos mariñeiros da Costa da Morte

Os temporais deixan unhas perdas do 50% nos mariñeiros da Costa da Morte
Barcos-amarrados

Cando o sector do mar fala do seguro do mar, da problemática dos temporais e da imposibilidade de saír a faenar, cando un patrón obrígase a saír malia que as condicións meteorolóxicas non sexan as mellores... Por algo é.

Esta suceción de temporais durante este comezo de ano, provocou un parón da actividade mariñeira que deixou os barcos amarrados demasiado tempo, e aos mariscadores na casa.

Hoxe é o BNG o que fai contía das perdas, e os datos de capturas e cotizacións comprendidos entre o 1 de decembro de 2013 e o 17 de febreiro de 2014 na lonxa de Fisterra, a partir da análise das estatísticas de pescadegalicia.com e contrastando dita información cos resultados obtidos nas 4 temporadas anteriores para o mesmo período, meten medo.

  • As capturas caeron un 46,1%.
  • Os ingresos caeron un 50%, cunhas perdas de case 300.000€ en 79 días.

Así as capturas de agora son de 72.820 quilos cando a media anterior foi de 135.112 (un descenso do 46,41%). No tocante a ingresos, a cifra é de 293.997 euros fronte aos 588.568 euros (un 50,05% de perdidas).
A comparativa con respecto ao mesmo período do ano anterior sitúa as perdidas nun descenso do 33,94% en ingresos, correspondéndose cun descenso do 33,71% de capturas.

Da necesidade dun seguro

Volve pois á palestra, neste caso da man do BNG de Fisterra, "a necesidade urxente de que a Xunta de Galiza contribúa a sufragar un seguro por temporais que cubra o sector cando padeza estas situacións meteorolóxicas adversas, do modo que xa se facía durante a época do bipartito no que a Xunta chegou a financiar o 70% da póliza e o 30 % restante o sector".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios