Os cabalos volverán tomar a comarca Carnota-Muros na XI Xuntanza Cabalar

Quedan varios meses pero a Asociación Cabalar xa perfila a súa actividade estrela do ano. A XI Xuntanza Cabalar Comarca Carnota-Muros xa ten data. A cita será o domingo 29 de abril, e cabalos de toda a zona percorrerán os 25km que están prantexados para a ruta. A saída será do Pozo do Cachón, en Muros, arredor das 10:00h, nunha ruta renovada para voltar ao xantar, que se celebrará nunha gran carpa ao carón da saída.

Inscrición

  • Poden anotarse no 625 533 958 ou en xuntanzacabalar@live.com.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).