Os venres de Nadal tamén son lúdicos en Carnota

No concello de Carnota os nenos que participan nos venres lúdicos xa están a prepararse para o Nadal. Todo este mes de decembro as actividades van encamiñadas na temática navideña.
Empezaron o primeiro venres facendo e pintando debuxos cos que despois adornaron tanto a biblioteca como a casa do concello. Este venres farán uns bonecos cos que poden decorar as súas casas e mesmo aproveitaran para poñer na árbore do concello.

Continuarán facendo bonecos de papá Noel, poñendo e adornando o portal de Belén e a árbore no concello, tarxetas de felicitación e a proxección dunha película. Con todo isto rematarán o mes de decembro e prepararanse para comezar o ano novo.

Programa de Nadal en Carnota 2011

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Carnota.