Os venres de Nadal tamén son lúdicos en Carnota
08:05 16/12/11
No concello de Carnota os nenos que participan nos venres lúdicos xa están a prepararse para o Nadal. Todo este mes de decembro as actividades van encamiñadas na temática navideña.
Empezaron o primeiro venres facendo e pintando debuxos cos que despois adornaron tanto a biblioteca como a casa do concello. Este venres farán uns bonecos cos que poden decorar as súas casas e mesmo aproveitaran para poñer na árbore do concello.
Continuarán facendo bonecos de papá Noel, poñendo e adornando o portal de Belén e a árbore no concello, tarxetas de felicitación e a proxección dunha película. Con todo isto rematarán o mes de decembro e prepararanse para comezar o ano novo.
Programa de Nadal en Carnota 2011
Novas relacionadas
- Os Reis Magos coñecen ao Apalpador.
- Os monstros de Nacho Porto chegan a Nova York.
- Os cativos de Carnota e O Pindo aprenden a coñecer e respetar outros mundos.
- Estevo Creus e a segunda balea.
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Carnota.