Patrimonio e lectura unen a pequenos e maiores en Carnota
01 de decembro de 2010 (13:23 h.)
Actividades de lectura
Obradoiros de xogos tradicionais pera pequenos e maiores
Xa nolo preguntabamos hai un tempo: Coidamos na Costa do patrimonio lúdico galego? Semella que hai concellos que si traballan pola recuperación do saber tradicional e patrimonio inmaterial. Niso se centra o Obradoiro de xogos tradicionais musicais que se desenvolverá o próximo 1 de decembro, organizado conxuntamente pola Axencia de Lectura Municipal, a Escola Municipal de Música e o Centro de Día. Trátase dunha actividade interxeracional coa que se pretende recuperar a cadea de transmisión do patrimonio lúdico galego e da tradición oral, con diversas dinámicas orientadas á interactuación de nenos e maiores.Lendo con Rosalía
Tamén en Caldebarcos
Non só dende o Concello artellan iniciativas interesantes. En Caldebarcos tampouco paran. De feito, este sábado 4 de decembro comeza o curso de pandeireta na escola de Caldebarcos a partid das 20:00h.
Non quedarán aí xa que continuará coa regueifa de sansón e jalletas de coco.
Novas relacionadas
- Os pequenos de Carnota estrean sudaderas no campo e reciclan xogando na biblioteca.
- A revolución do trompo chegou a Corcubión .
- Coidamos na Costa do patrimonio lúdico galego? .
Fonte
- Nota de prens do Concello de Carnota da man de Luísa Beiro Agulleiroi.