Venres. 03.05.2024
El tiempo

Os pequenos de Carnota estrean sudaderas no campo e reciclan xogando na biblioteca

Os pequenos de Carnota estrean sudaderas no campo e reciclan xogando na biblioteca
Hoxe coñecemos aos máis pequenos do Concello de Carnota. E os coñecemos en dúas das súas actividades extraescolares.

No campo de fútbol

Este domingo 28 de novembro os nenos da escola deportiva de fútbol do Concello de Carnota están de estreo. Fai xa uns días estrearon novas sudaderas e agora no partido que xogan os infantís contra o Cee estrearon novas equipacións. O Concello conta para fútbol sala con equipos de benxamíns, alevíns e infantís nas Ligas Escolares Comarcais de Fútbol Sala Base LCFs, que xa podedes seguir dende QPC. Neste momento os equipos carnotáns van nos postos altos da táboa. Cando remate a tempada de fútbol sala empeza a de fútbol 7, o 19 de febreiro, con categoría de benxamíns e alevíns. Tamén compiten as escolas municipais, que dirixe Alfredo Cambeiro na categoría cadete e na infantil de fútbol 11. Tanto os nenos coma o entrenador están moi contentos co esforzo, o traballo e os resultados que están a ter.

Os venres lúdicos da Biblioteca

O pasado venres 19 de novembro os rapaces que acoden aos Venres Lúdicos do Concello de Carnota aprenderon a reciclar xogando. Fixeron unha serie de fichas e murais para saber qué se pode reciclar e que desperdicio vai en cada contador. Este venres 26 o que fixeron foi un caderno outonal decorada con flores e follas de outono. O mes de decembro dedicarano ao Nadal.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Concello de Carnota.

Comentarios