Un petroleiro volveu saltar as alarmas ao saír do Corredor de Fisterra

Ruta do Front Serenade saíndose do Corredor de Fisterra

Saltou a alarma de novo no mar costeiro durante a tarde deste pasado sábado 2 de xaneiro. Un enorme mercante quedaba á deriva en fronte da costa de Carnota arredor das 18:00h da tarde, saíndose do Corredor de Fisterra e achegándose perigosamente á cosa.

Cara o lugar, dende o peirao de Brens, partía o barco de Salvamento Marítimo Don Inda, pero aforunadamente o Front Serenade, de bandeira de Liberia, puido retomar ás 2:30h da madrugada o seu rumbo dentro do Corredor cara Rotterdam sen necesidade de ser remolcado.

Novas relacionadas

Máis novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • Salvamento.