Venres. 29.03.2024
El tiempo

Casón: 25 anos da histeria colectiva provocada

Casón: 25 anos da histeria colectiva provocada

Esta noite de 5 de decembro de 2012 fai 25 anos dunha das catástrofes máis grandes que vivíu a Costa da Morte. Moito falamos do Prestige, desfeita que evidentemente tivo máis consecuencias a nivel nacional. Pero seguro que a realidade do momento do embarrancamento do Casón foi máis intensa que a silenciosa invasión de chapapote marca Prestige.

Un éxodo provocado

I é que a histeria colectiva foi a protagonista aquel día, aquela semana, aquel mes de decembro de 1987. Foron días de verdadeira psicose popular, provocada polo caldo de cultivo xerado dende os medios de comunicación e do propio Goberno. Un Goberno que o día 10 ordeaba polas emisoras de radio, e tras unha marcha militar, a necesaria evacuación de máis de 15.000 veciños de Fisterra, Corcubión, Cee e Muxía.

Unha chamada que provocaba verdadeiros momentos de angustia. A xente marchaba co posto cara Santiago, cara Coruña, cara Muros, esquecendo as súas vidas, as súas casas. O descoñecemento era total, o que aumentaba a sensación de tolemia.
O propio delegado do goberno García-Senel anunciaba o envío de 300 autobuses para unha inmediata evacuación, a pesar de que días despois anulaba a orde de evacuación e culpaba á "histeria" dos veciños o éxodo provocado.

Iso si, a resposta da veciñanza foi total. En Muros as panaderías traballaron o doble, as xentes saían á rúa para invitar aos veciños exiliados ás súas casas. Centros de ensino, albergues, pavillóns... da Coruña e Santiago estiveron ateigados durante varias semanas. Os últimos en voltar, e xa era día 22 de decembro, foron os fisterráns que estiveron aloxados en Gandarío.

Así e todo, os que quedaron pola zona peregrinaban cada semana a velo San Casón, malia que estaba prohibida a subida ao monte Facho.

 Vecinos-visitando-a-zona-Recorte-da-Voz

Que levaba o Casón?

Un bidón do Casón un ano despois do accidente Durante semanas houbo explosións a bordo do Casón

Aínda a día de hoxe podemos falar de que é un misterio o que levaba o Casón. Dende o principio nin se sabía que transportaba o buque panameño, pero os rumores xa indicaban que podería haber eran produtos químicos e ata residuos radioactivos... E todo isto con Chernóbil na cabeza, pois só pasara un ano do episodio nuclear máis grave da historia. As exploxións sucedíanse provocadas pola reacción do sodio ca auga, facendo verdadeiros fogos de artificio e xerando máis confusión na veciñanza.

Tardaron 6 días en publicarse os primeiros datos da carga: 1.100 toneladas de produtos químicos, inflamables, tóxicos e corrosivos. Pero varios rumores seguían creando confusión entre a poboación que escoitaba falar de "armas químicas" e perdía o sentido. O goberno saíu contra todo, e mesmo intentou desvirtuar o chamado Informe Bermejo, o único informe científico, dun mestre da Facultade de Química da USC, que artemetía contra
Pero a verdade tardou máis á en saír ata que o 21 de xaneiro, Interviu destapou que había dous reactores nucleares, desarmados, a bordo do Casón, feito que foi o que probablemente provocou toda a trama entre rusos, chinos e holandeses.

Interviu destapa que o Cason levaba Reactores Nucleares

Foi curioso o destino de moitos bidóns recuperados, pois o goberno quixo alonxar a carga da poboación o máis lonxe posible. Unha completa flota de camións, deixando unha imaxe tremenda polas estradas do país, marcharon dirección a unha base militar en Parga, pero os veciños de Guitiriz se opuxeron rotundamente, chegando a haber ata tiros.
De aí A Alcoa en San Cibrán onde tampouco a querían, igual que no porto de Xove. A carga tivo que ser embarcada nun buque secuestrado polo goberno e en estado ruinoso, o Galerno, e enviada a Holanda, onde o recibiu a mesma empresa encargada de recuperar o fuel do Prestige.

Unha flota de camións atravesou Galicia cos bidóns radioactivos do Casón cara Parga

De espías e coplas

Foron meses de espionaxe. Unha expedición china mandou varios executivos á zona para facer un completo seguemento do Casón. A firma holandesa tamén estaba no Motel Hórreo de Corcubión, onde o goberno tamén trasladara a súa oficina de Recursos Mariños. Maletíns roubados, especulacións, traslados de carga nocturnos no mar...

Todo daba que falar nas rúas, e ao chegar as épocas de entroido, fisterráns e corcubioneses, sempre ácedos, utilizaron o San Casón para facer festa da catástrofe. I é que a ironía é mellor non perdela.

Coplas de Entroido sobre o Casón

Os restos do Casón

Estado-da-praia-de-Mar-do-Rostro-uns-dias-despois-do-Cason-Foto-Jano-lamas

Máis dun ano embarrancado estivo o Casón diante de Mar do Rostro. Foi o 3 de maio, 6 meses despois do accidente, cando o Casón rompeu, provocando unha xigantesca marea negra nas praias fisterráns. Pero pasaron dous anos máis nos que seguían aparecendo bidóns polos areais, facendo dos crebeiros auténticos suicidas.

A día de hoxe, aínda podes estar paseando por Mar do Rostro e ver algunha chapa do casco que o mar devolve á superficie.

E tamén podes baixar ata o propio barco, pois unha empresa fisterrá de mergullo organiza viaxes ata os mesmos restos do Casón.

Da actuación política e xudicial

A falta de coordinación entre Xunta e Goberno, o escurantismo do Goberno, a alarma inicial e a culpabilidade aos veciños posterior... foron moitas as probas de que non había un plan de continxencia e foron a urxencia e a improvisación a que determinaron a actuación da Xunta, que naquel 1987, estaba presidida polo socialista Fernando González Laxe. Un exemplo que aínda a día de hoxe nos pasaría igual.

Localmente, a unidade inicial de todos os alcaldes da zona viuse fracturada pola decisión do goberno de utilizar ao alcalde socialista Lamela, como freo ás peticións dun Rafael Mouzo, alcalde nacionalista de Corcubión, que vivía o seu momento de maior actividade política. Mouzo aparecía en todas as televisións poñendo as pilas aos gobernantes co uso dunha oratoria que lamentablemente xa pouco se ve no sector político.

O aspecto xudicial é se caba máis grave. Tras un ano de idas e voltas, o caso quedou sobreseído. Unha decisión verdadeiramente tremenda, tendo en conta, que a día de hoxe, a historia do Casón segue sendo un misterio.


Caixa Negra

Aquí vos deixamos coa primeira metade da documental da TVG "Caixa Negra".

Máis reportaxes

Máis recortes

Os medios tiveron unha posición pouco rigorosa Coplas sobre o Casón

Novas relacionadas

Seguemento especial do Xuízo do Prestige

Fonte

Comentarios