venres. 06.12.2024
El tiempo

Un petroleiro volveu saltar as alarmas ao saír do Corredor de Fisterra

Un petroleiro volveu saltar as alarmas ao saír do Corredor de Fisterra
Ruta do Front Serenade diante da Costa da Morte Ruta do Front Serenade saíndose do Corredor de Fisterra

Saltou a alarma de novo no mar costeiro durante a tarde deste pasado sábado 2 de xaneiro. Un enorme mercante quedaba á deriva en fronte da costa de Carnota arredor das 18:00h da tarde, saíndose do Corredor de Fisterra e achegándose perigosamente á cosa.

Cara o lugar, dende o peirao de Brens, partía o barco de Salvamento Marítimo Don Inda, pero aforunadamente o Front Serenade, de bandeira de Liberia, puido retomar ás 2:30h da madrugada o seu rumbo dentro do Corredor cara Rotterdam sen necesidade de ser remolcado.

Novas relacionadas

Máis novas relacionadas

Fonte

Comentarios