Unha visita escolar ao mar do Pindo

Como nos gustan estas visitas escolares. Hai tesouros que cómpre coñecer dende cativos, e para iso están as saídas extraescolares.

O pasado venres os protagonsitas foron os nenos de Educación Infantil do colexio Barrie de la Maza de Santa Comba, que visitaron a Confraría de Pescadores do Pindo. Tanto o persoal da Confraría como mariscadoras e socios xubilados foron os encargados de amosarlle aos nenos o Porto do Pindo, a praia de San Pedro e mesmo A Farola, así como as instalacións da confraría.

Mestres e responsables das escolas da bisbarra, calquera colexio interesado en facer estes roteiros pode contactar coa Confaría a través do teléfono 981 764815 e do enderezo electrónico confraría@wanadoo.es.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).