Unha visita escolar ao mar do Pindo

09:24 26/05/15

Como nos gustan estas visitas escolares. Hai tesouros que cómpre coñecer dende cativos, e para iso están as saídas extraescolares.
O pasado venres os protagonsitas foron os nenos de Educación Infantil do colexio Barrie de la Maza de Santa Comba, que visitaron a Confraría de Pescadores do Pindo. Tanto o persoal da Confraría como mariscadoras e socios xubilados foron os encargados de amosarlle aos nenos o Porto do Pindo, a praia de San Pedro e mesmo A Farola, así como as instalacións da confraría.

Mestres e responsables das escolas da bisbarra, calquera colexio interesado en facer estes roteiros pode contactar coa Confaría a través do teléfono 981 764815 e do enderezo electrónico confraría@wanadoo.es.
Novas relacionadas
- Memorias e paisaxes: A Farola do Pindo.
- O Pindo botou outra ollada ao seu mar cunhas doces e poéticas Xornadas.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).