15 mulleres da Pereiriña seguen poñéndose en forma coa Ximnasia de Mantemento

Non paran as mulleres da Pereiriña. 15 mulleres seguen a participar na actividade de ximnasia de adultos que artella o concello ceense e que coordina Manuel Calo, técnico deportivo.

A Casa de Cultura de Pereiriña (Cee) convírtese así nun improvisado ximnasio cada luns e cada mércores. Dende o pasado mes de outubro e ata o 30 de maio de 2011, cando remate a actividade.

Cómpre destacar que a Ximnasia de Mantemento é unha das actividades estrella do concello ceense, posto que é a máis persoas acolle. De feito, a Concellería de Deportes de Cee (que dirixe Arturo Conde) está moi satisfeito coa aceptación desta actividade que moviliza a un total de 75 persoas con idades comprendidas entre os 18 e os 65 anos.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Cee da man de Manuel Calo.