Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Merecida xubilación tras 34 anos na fábrica

Merecida xubilación tras 34 anos na fábrica
O pasado 3 de xaneiro, a empresa Ferroatlántica rendeu unha homenaxe especial, ao persoal que causou baixa durante o último exercicio. Foron 9 os traballadores que, tras 34 anos na empresa, fixaron a súa xubilación. O acto, marcado por un especial carácter emotivo, contou coa presenza de preto de setenta persoas, entre os que estaban os xefes de departamento, técnicos, mandos intermedios, membros do comité de empresa e representantes sindicais. Carlos Oliete, director da fábrica, expresou o seu agradecemento aos distintos homenaxeados que deixaron a empresa, polo seu labor e dedicación coa que contribuíron, durante unha media de 34 anos, ao desenvolvemento do centro de traballo. Ademais, dedicou unhas palabras de condolencia aos familiares e compañeiros de Manuel López Quintela, traballador da empresa recentemente falecido.

Ollando o futuro

Tivo tempo Carlos Oliete para falar do futuro da empresa, logo dos bos resultados colleitados no 2010. O director de Ferroatlántica avanzou que se espera que a actividade sexa similar a 2010 "aínda que é probable que os resultados sexan peores debido ás subidas de prezos da enerxía e as materias primas".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Ferroatlántica.

Comentarios