A Artesanía da comarca toma Corcubión
25 de marzo de 2011 (09:24 h.)
Esta fin de semana o Hotel Resturante El Hórreo de Corcubión acolle unha Mostra de Artesanía local na Terraza. Artesáns da zona mostrarán o seu traballo e poderedes ver en directo cómo o fan. Haberá unha pequena pero representativa escolma dos diversos oficios: coiro, xoiería en cerámica, palilleiras, barbas de balea, cartón reciclado, senllas, fieltro, cerámica artística, pedra, pintura…
A mostra estará aberta o venres 25 pola tarde (de 17:00h a 20:30h), e sábado e domingo pola mañá (de 12:00h a 14:30h) e pola tarde (de 17:00h a 20:30h).
Lista de artesáns
Estes son os artesáns que en principio amosarán as súas dotes no Hórreo:
- Taller Arroás (Laura e Suso) – Coiro.
- Taller Nordés (Charo) – Xoiería en cerámica.
- O Crego (José Canosa) – Senllas.
- Marta Lorenzo Xoubanova – Traballo en fieltro e máis.
- Obradoiro Charamusca (Carmen) – Cartón reciclado.
- Asoc.Mulleres Rurais de Moraime – Palilleiras.
- Ricardo – Barbas de balea.
- Nacho Porto – Cerámica artística.
- Verónica y cía – Pintura e coxíns.
- Anxo Cousillas – Pezas pequeñas de pedra.
Novas relacionadas
- Baio vístese de liño para a Comida da Fía.
- En marcha a XXI Mostra do Encaixe de Camariñas.
- As artesanía e as cantinas medievais da Costa da Morte .
- Escoitando ás palilleiras e o liño .
- A Artesanía resiste no Castelo de Vimianzo .
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).