Baio vístese de liño para a Comida da Fía

09:46 16/03/11

Xa prepara a Asociación de Amigos do Liño a Comida da Fía deste 2011. A cita será o vindeiro 9 de abril no Polideportivo de Baio. Xa é esta a XVII Exaltación da Fía do Liño o que dá conta do traballo da asociación, e da súa activa presidenta Carmen Riveiro.
Coma sempre, haberá de todo. A demostración de fiado irá acompñada dunha completa exposición de textil fogar, complementos e moda. E a nota musical non faltará con pandereteiras, canteiras, regueifas e ata baila con atracción musical.
O menú será auténtico: migas de pan con chícharos, patacas con bacallau, papas de arroz, e degustación de troitas da piscifactoría Isidro de la Cal. A entrada será de 15€.
Novas relacionadas
- Os Amigos do Liño recoñecen a labor de Moreda coa artesanía .
- O desfile do liño .
- Escoitando ás palilleiras e o liño .
- 2009, o ano do Liño.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).