A Biblioteca de Cee abre o prazo dos seus Concursos Escolares Literarios

Un dos traballos do Certame de Comic da Biblioteca Francisco Mayan de Cee

Agardan cada comezo de ano centos de escolares a convocatoria dos Concursos Literarios que convoca a Biblioteca Pública Municipal "Francisco Mayán" e a Concellería de Cultura, Deportes e Tempo Libre Concello de Cee. Da man de José Ramón Rey Senra, estes certames serven para que os rapaces da contorna se acheguen aos libros, ao comic e ao teatro. Uns premios co único fin de animar aos nenos a ocupar o lecer na creación literaria e, deste xeito, fomentar o hábito da lectura.

Este ano o concurso de “ACHEGAMENTO AO LIBRO” chega a súa 27ª edición, chegando case aos 7.000 traballos presentados.

Ademais, a Biblioteca presenta as bases para o Certame “NA PROCURA DO NOSO VII CÓMIC” e “NA PROCURA DO NOSO XIV MARCAPÁXINAS”.

Poden presentar os traballos ata o 3 de abril na Biblioteca sita na Casa da Cultura.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).